inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 27/01/2021  

O equipo redactor do informe sobre coidados de longa duración presenta o seu traballo á Comisión sectorial nº 2

presentación Buján A profesora Raquel Martíinez Buján, responsable do equipo encargado de redactar o “Informe sobre o sistema de cuidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, presentou hoxe o seu traballo nunha sesión da Comisión sectorial nº 2, celebrada a través de videoconferencia. A profesora da UdC explicou polo miúdo o contido do informe aos membros da comisión, que fixeron unha valoración moi positiva do mesmo. Agora o documento seguirá a súa tramitación habitual para a súa aprobación polo Pleno. Na imaxe, un momento da videoconferencia, na que participou tamén o presidente do CES, e no recuadro, Martínez Buján durante a presentación.
 22/01/2021  

A Comisión sectorial nº 4 analiza posibles cambios para a Memoria 2020 co obxectivo de recoller as consecuencias socioeconómicas da covid-19

pantallazo

Os membros da Comisión sectorial nº 4 mantiveron unha primeira reunión para comezar co traballo de elaboración da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020.

Nesta sesión preliminar, as distintas organizacións e mais o Gabinete técnico do Consello analizaron os posibles cambios da vindeira Memoria e marcaron as liñas de traballo que seguirán este ano, un exercicio marcado pola covid-19 e as súas consecuencias.

 20/01/2021  

A Comisión sectorial nº 1 aborda a redación do ditame sobre a universidade privada

comisión sectorial

Os membros da Comisión sectorial nº 1, Economía, emprego e sectores produtivos, están a traballar na elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa, solicitado pola Xunta de Galicia.

 22/12/2020  

O VII Premio Valentín Paz Andrade pon o foco na revolución vivida polo agro galego nas últimas décadas

agro

O certame, organizado pola USC e o CES-Galicia, tenta axudar ao mellor coñecemento da realidade económica e social galega e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

Unha investigación sobre o dobre papel de Galicia como núcleo e periferia na división global de actividades extractivas, así como unha análise sobre os últimos 30 anos do sector agrario e agroalimentario galego, son os traballos recoñecidos ex aequo co Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia na modalidade dirixida a artigos científicos. No apartado destinado a teses de doutoramento, recoñeceuse un traballo sobre moto-mecanización da agricultura en Galicia ata o ano 2000. A sétima edición deste galardón é unha convocatoria conxunta do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e do Consello Económico e Social de Galicia. A súa finalidade é premiar aqueles traballos que favorezan o mellor coñecemento da realidade económica e social galega e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

 10/12/2020  

Manuel Martínez Varela toma posesión como novo secretario xeral do CES-Galicia

toma posesión SX

O novo secretario do Consello Económico e Social de Galicia. Manuel Martínez Varela, tomou posesión do seu cargo nun acto na sala do Pleno do CES, en presencia do presidente do organismo e acompañado polo vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e máis do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez. As entidades, organizacións e institucións que forman o CES estiveron representadas polos membros da Comisión Permanente. Todos expresaron os seus mellores desexos de acerto para o novo secretario xeral.

 02/12/2020  

O presidente do Consello explica as contas do organismo para 2021 nunha comparecencia na comisión parlamentar de orzamentos

billetes

"Axustado" pero "suficiente para cumprir coas funcións que ten encomendadas o organismo". Deste xeito resumíu o presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, o orzamento para o vindeiro ano 2021. Nunha comparecencia diante da comisión parlamentar que tramita os presupostos da Comunidade, o presidente desglosou as principais partidas das contas para ese vindeiro ano, un exercício que estará marcado, como para o conxunto da sociedade, polas consecuencias da pandemia da covid-19 e o desexada recuperación.

Páxinas