Galicia participou no encontro de CES autonómicos celebrado en Castellón
14/05/2013
O Consello Económico e Social de Galicia participou no encontro anual de CES de España, que se celebrou os días 8, 9 e 10 de maio en Castellón, organizado polo organismo consultivo da Comunidade Valenciana. Na xuntanza, que reuniu a representantes dos distintos consellos autonómicos e do Consejo Económico y Social de España, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta, Corina Porro, e o secretario xeral, Juan José Gallego Fouz.
Os ditames sobre os anteproxectos de lei de garantías de prestacións sanitarias, de caza e de creación do colexio de nutricionistas, aprobados na sesión plenaria
05/04/2013O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe os tres ditames nos que estaba a traballar. Por orde de entrada, o plenario do organismo consultivo aprobou por unanimidade o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de caza de Galicia (ditame 2/13); de seguido, tamén por unanimade dos membros presentes, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas (ditame 3/13); e rematou a sesión coa aprobación do ditame sobre o anteproxecto de Lei de garantías de prestación sanitarias, elaborado polo trámite de urxencia e que anexa un voto particular formulado polos representantes do Grupo I do CES.
Renovado o convenio coa Escola Galega de Administración Pública
26/02/2013A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos González, e a presidenta do CES, Corina Porro Martínez, asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. Coa sinatura, exténdese a vixencia do documento ata o 31 de decembro de 2013.
O Consello aproba o ditame sobre a modificación da Lei de horarios
15/01/2013O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa primeira sesión deste ano o ditame sobre o anteproxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia.
O anteproxecto de Lei ten como obxectivo fundamental adecuar a normativa galega en materia de horarios comerciais á normativa básica establecida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo.








Algalia de Abaixo 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 541 650
981 576 526