inicio - Novas
gestión de residuos
O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de residuos e solos contaminados de Galicia.
Logo de preto de 8 anos, hoxe rematou a etapa de Corina Porro como presidenta do Consello Económico e Social de Galicia.
secz
O Pleno do CES ven de aprobar por unanimidade, na súa sesión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de medidas de garantía de abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario.
Reunión RTA Rennes
O Comité de Orientacións da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais reuniuse hoxe na localidad francesa de Rennes, coa presencia de presidentes e secretarios xerais dos organismos.
patrimonio natural
O Pleno do CES-Galicia aprobou por unanimidade, na súa reunión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia.
mesa redonda pensións

Representantes dos axentes económicos o sociais do CES coincidiron en salientar a necesidade de atopar consensos para levar a cabo as imprescindibles reformas do sistema público de pensións para garantir a súa continuidade, sostibilidade e equidade. No marco da xornada sobre O futuro do sistema público de pensións , membros das organizacións sindicais e empresariais expresaron opinións coincidentes na convenencia de manter o sistema no futuro, como un dos piares do estado do benestar.

o futuro das pensións

O prestixioso experto Ángel de la Fuente, director da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), será o encargado de pronunciar a primeira conferencia da xornada “O futuro do sistema de pensións”, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 25 de marzo. Organizada polo CES en colaboración do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC, a xornada quere servir de marco de reflexión sobre as posibles reformas que é necesario abordar no actual modelo de pensións para garantir o seu futuro.

ditame farmacia
O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa reunión de hoxe o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación farmacética de Galicia.
participantes presentación informe corredor

Arropado por unha nutrida representación de cargos institucionais, políticos, das organizacións sindicais e empresariais, de destacadas firmas de varios sectores e persoeiros do eido académico, o CES presentou o seu informe Galicia na rede básica transeuropea de transporte de mercadorías. Retos estratéxicos de futuro, que recolle as propostas do organismo sobre o corredor atlántico.

V Paz Andrade
Un artigo sobre turismo en Santiago de Compostela, na modalidade 1, e unha tese sobre aspectos económicos da Galicia no Antigo Réxime, na modalidade 2, foron os traballos galardoados na V edición do Premio Valentín Paz Andrade, convocado conjuntamente polo CES e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC. O acto de entrega dos premios celebrouse hoxe, coa presencia do reitor da USC e da presidenta do CES.

Páxinas