inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 14/04/2021  

O CES participa na reunión do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia

PDR

O CES, como membro do Comité de seguimento do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, participou hoxe na reunión deste organismo para valorar a última proposta de modificación do programa. A sesión celebrouse para que os membros coñeceran a valoraran a proposta de modificación que realizará a Autoridade de Xestión do PDR de Galicia 2014-2020./

A proposta de modificación atende a dous motivos principales: por unha banda, á prórroga do PDR 2014-2020 para os anos 2021 e 2022 por parte das autoridades comunitarias, que establece axudas para o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022; e, por outra banda, a incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación da Unión Europea (IRUE) para apoiar a recuperación trata crise da covid-19.

 05/04/2021  

O CES publica a ficha estadística económica e social de Galicia correspondente a 2020

ficha 2020

Xa está dispoñible a ficha estadística económica e social de Galicia correspondente a 2020. O resumo de datos que elabora o CES pretende ser unha visión global e xenérica da situación socioeconómica anual na Comunidade e pode consultarse na sección "Galicia en datos". Nas súas páxinas, a ficha recolle, a través de criterios obxectivos e sen entrar en consideraciónss, aqueles aspectos máis relevantes, desde o punto de vista económico, da realidad galega a través de diferentes indicadores e gráficos, extraídos de fontes como o IGE, o INE ou a DGT.

 30/03/2021  

O CES de Galicia participa nunha xuntanza co CES de España e os autonómicos para consensuar a confección dun documento de propostas para a recuperación económica e social

reunión CES España

Os presidentes dos Consellos Económicos e Sociais mantiveron hoxe unha xuntanza para analizar a posibilidade de elaborar un documento conxunto de propostas para a recuperación da actividade económica logo da covid-19. Neste primeiro encontro preparatorio, o CES de España acordou a remisión dun índice de temas co obxecto da súa análise e posible ampliación.

 29/03/2021  

A Comisión Permanente traballa na modificación do Regulamento de réxime interno

CP 4-21

A Comisión Permanente do CES continúa a traballar na modificación e posta ao día do Regulamento de réxime interno do organismo para axustar o seu contido aos cambios lexislativos –como o número de membros, por exemplo– e na normativa lingüística e tamén para utilizar unha linguaxe inclusiva. Na súa sesión de hoxe, celebrada a través dunha videoconferencia, os membros da Comisión foron repasando polo miúdo cada un dos artigos para propoñer as modificacións axeitadas.

 24/03/2021  

O informe sobre a empregabilidade da xuventude de Galicia, presentado polo equipo redactor na Comisión sectorial nº 1

presentación emprego xuvenil

O equipo da USC encargado da redacción da proposta de informe sobre a empregabilidade da xuventude en Galicia, dirixido polo profesor Alberto Meixide, presentou o seu traballo nunha sesión da Comisión sectorial nº 1.

 24/03/2021  

Reunión de traballo dos CES españois do Arco Atlántico para consensuar unha postura común para a vindeira xuntanza da RTA

captura pantalla

Representantes dos Consellos Económicos e Sociais españois do Arco Atlántico (Andalucía, Estremadura, Castela e León, Galicia e País Vasco) mantiveron unha reunión de traballo vía telemática para consensuar unha postura común sobre os temas a tratar na vindeira sesión da Rede Transnacional Atlántica (RTA), prevista para o día 31 de marzo.

Páxinas