inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 12/03/2021  

“O ámbito dos coidados de longa duración constitúe un xacemento de emprego relevante e en crecemento, aínda que cómpre actuar sobre os aspectos cualitativos destes postos de traballo”

presentación informe coidados

O CES presenta o seu informe sobre o sistema de coidados en Galicia e as súas perspectivas de futuro

Coas características coñecidas da estrutura poboacional galega e, singularmente, o envellecemento da mesma, o sistema de coidados de longa duración para as persoas dependentes adquire especial relevancia. Segundo as proxeccións estatísticas, en 2035, unha de cada tres persoas en Galicia terá máis de 65 anos. Nese esceario, será necesario extender e mellorar o sistema para que os servizos públicos cobran as necesidades de todas aquelas persoas dependentes que o necesiten. Así se recolle no último informe do CES, “O sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, que foi presentado hoxe na sede do Consello coa presencia dos seus autores, os profesores da Universidade da Coruña Raquel Martínez Buján e Paolo Rungo.

 03/03/2021  

A Comisión Permanente aproba o plan de actividades para 2021

sesión 3/21 da CP

Un informe sobre a dixitalización como oportunidade para a economía galega e otro estudo sobre as consecuencias da covid-19 no emprego e na estrutura produtiva de Galicia serán dous dos próximos traballos que abordará o CES nestes vinderios meses. Así o acordou na súa sesión de hoxe a Comisión Permanente, que aprobou o plan de actividades para 2021.

Entre outras previsións, o Consello organizará tamén, en función da evolución da situación sanitaria, senllas xornadas de análise sobre asuntos como a importancia da economía social, a necesidade da dixitalización como elemento de competitividade ou as repercusións da Lei de Costas nas actividades que se desenvolven neses terreos.

A Comisión Permanente acordou así mesmo relanzar o informe xa comezado sobre o medio rural, que prestará especial atención á gobernanza e aos seus aspectos sociais. Este estudo será complementado cunha xornada de debate con expertos no sector primario, de singular importancia para Galicia.

 22/02/2021  

Aprobado por maioría o ditame sobre o anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa

O Pleno do CES aprobou na súa última sesión o ditame sobre o anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa. O documento foi aprobado por maioria na votación do plenario e conta con dous votos particulares, un das organizacións sindicais e outro da organización empresarial.

 19/02/2021  

O Pleno aproba o informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia , a prestación de servizos e a creación de emprego

coidados O Pleno do CES ven de aprobar na súa sesión de hoxe, por unanimidade, o documento "Informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva de prestación de servizos e de creación de emprego". O traballo foi realizado a través dun convenio de colaboración coa Universidade da Coruña. Os profesores Raquel Martínez Buján e Paolo Rungo, desa institución académica, foron os encargados da redacción do informe, que despois tramitouse a través da Comisión sectorial nº 2 do Consello. Estruturado en cinco capítulos, o estudo remata con conclusións sobre a realidade actual dos coidados e as distintas perspectivas para os vindeiros anos. O informe presentarase públicamente nuns días.

 10/02/2021  

Alba Torreira incorpórase como membro titular do CES en representación de Unións Agrarias

Alba Torreira Puga é a nova representante no Pleno do CES da organización Unións Agrarias–UPA, logo do seu nomeamento no DOG de hoxe. Torreira substitúe a Rosa Arcos, que deixa á súa representación logo dun longo e fructífero desempeño nos traballos do organismo.

 10/02/2021  

CES, Xunta, Eixo Atlántico e Fegamp manteñen unha xuntanza para unificar unha estratexia sobre o corredor atlántico

reunión corredor atlántico

Poñer en común unha estratexia conxunta sobre o desenvolvemento do corredor atlántico en Galicia. Este foi o obxectivo da reunión que mantuvieron hoxe o Consello Económico e Social, a Fegamp, a Xunta de Galicia e mais o Eixo Atlántico por vía telemática. O presidente do CES, o secretario xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, o director xeral de Mobilidade da Xunta e o secretario do Eixo Atlántico buscan establecer unha vía de traballo conxunta para potenciar e desenvolver o corredor atlántico e que este asunto sexa central na axenda de Galicia. As catro entidades emplazáronse para continuar afondando na súa colaboración nas vindeiras semanas.

Páxinas