inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 19/05/2021  

O Comité de orientacións da RTA aproba o documento sobre a revisión da estratexia da rede transeuropea de transporte para a zona atlántica

RTA

O órgano de goberno da Rede Transnacional Atlántica (RTA), organización da que forma parte o CES-Galicia, ven de aprobar un documento con aportacións para a nova versión da estratexia europea de transporte para a fachada atlántica, que está a ser desenvolvida polas institución comunitaria. O Comité de orientaciones da entidade, que agrupa a representantes da sociedade civil de organizaciones socio-profesionais de España, Francia e Portugal, consensuou a nota "Hacia una revisión de la RTE-T para la zona atlántica" . Os membros da RTA elaboraron este aporte co fin de participar no debate institucional sobre a rede transeuropea de transporte (TEN-T) que alimenta as propostas lexislativas previstas para 2021.

 12/05/2021  

O CES participa na reunión do Comité de Seguimento do PO FEDER de Galicia 2014-2020

Comité FEDER

O Consello Económico e Social participou hoxe na reunión do Comité de Seguimiento do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, celebrada por videoconferencia. A sesión examinou, entre outros aspectos, o informe de execución anual 2020 e as modificacións do programa operativo habidas como consecuencia da reprogramación dos recursos europeos do fondo REACT.

 04/05/2021  

A xornada sobre dixitalización, en directo en YouTube

Un destacado panel de expertos abordarán, desde diferentes puntos de vista, os retos, ocasións, oportunidades e desigualdades que afronta a nosa sociedade no proceso de dixitalización que estamos a vivir, impulsado polas novidades da pandemia, no marco da xornada sobre este tema que o CES organiza e que se celebrará o cinco de maio.

Pode seguir en directo as intervencións no canal de YouTube do CES. Acceda a través da seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=3MLDAyq871c

 28/04/2021  

O CES organiza unha xornada de análise sobre os retos e o impacto da dixitalización

xornada digitalización

Expertos e axentes socioeconómicos estudiarán aspectos como a conectividade, os dereitos dos usuarios, o teletraballo, o ensino a distancia ou as desigualdades de acceso á tecnoloxía nun encontro que se celebrará o 5 de maio.

O impacto que, tralo confinamento e a nova normalidade imposta pola covid-19, está a ter no noso modo de vida a dixitalización, as oportunidades que supón e os retos que implica para o conxunto da sociedade. Este será o contido da xornada de análise que organiza o Consello Económico e Social de Galicia e que se celebrará o próximo 5 de maio. Expertos de diferentes ámbitos e axentes económicos e sociais debaterán sobre moi diversos aspectos desta nova realidade, desde a conectividade ou as desigualdades de acceso á tecnoloxía ata o uso ético dos novos medios; das oportunidades para os autónomos e o teletraballo ás estratexias de protección de datos; da fiscalidade desta actividade á desigualdade educativa.

 26/04/2021  

Valoración positiva para a reprogramación do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

FEDER

A Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento rexional, do CES analizou a "Evaluación operativa por reprogramación do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020", logo da consulta do Comité de Seguimento do programa. O Consello fai unha valoración positiva da reprogramación dos fondos e reclama unha execución axil dos novos recursos europeos.

Na súa condición de membro do Comité de Seguimento do programa operativo, o Consello fora requerido para expresar a súa opinión sobre a dita reprogramación, que ten en conta a contribución dos novos fondos REACT UE, centrados en reparacións dos efectos da crise a curto prazo.

 20/04/2021  

O CES entrega os galardóns da VII edición do premio Valentín Paz Andrade de investigación económica nun acto na USC

O reitor Antonio López e o presidente do organismo consultivo manifestaron o compromiso de manter esta iniciativa nos vindeiros exercicios

O acto de entrega correspondente á sétima edición dos Premios Valentín Paz Andrade, galardóns que organizan conxuntamente o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) e o Consello Económico e Social (CES), serviu este martes para subliñar a revolución vivida polo agro galego nas últimas décadas. Deste xeito, unha investigación sobre o dobre papel de Galicia como núcleo e periferia na división global de actividades extractivas, así como unha análise do sector agrario e agroalimentario galego nas últimas décadas, foron os traballos recoñecidos ex aequo na modalidade dirixida a artigos científicos. No apartado destinado a teses de doutoramento, recoñeceuse un traballo sobre a moto-mecanización da agricultura en Galicia.

Durante o acto de entrega de galardóns aos premiados, celebrado no pazo de San Xerome, o presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, puxo o foco en que esta iniciativa, froito da colaboración entre institucións, recolle un dos fins do Consello, aquel que apunta cara a colaboración coas universidades galegas; alén de recoñecer a creación e a contribución do coñecemento científico na Comunidade Autónoma para a toma de decisións no ámbito social e económico. Neste senso ademais salientou os tres temas premiados pola súa relevancia para a economía galega.

Páxinas