inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 02/12/2020  

O presidente do Consello explica as contas do organismo para 2021 nunha comparecencia na comisión parlamentar de orzamentos

billetes

"Axustado" pero "suficiente para cumprir coas funcións que ten encomendadas o organismo". Deste xeito resumíu o presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, o orzamento para o vindeiro ano 2021. Nunha comparecencia diante da comisión parlamentar que tramita os presupostos da Comunidade, o presidente desglosou as principais partidas das contas para ese vindeiro ano, un exercício que estará marcado, como para o conxunto da sociedade, polas consecuencias da pandemia da covid-19 e o desexada recuperación.

 20/11/2020  

O CES comparece na comisión parlamentar especial sobre reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19

Agustín Hernández

O presidente do organismo reclamou actuacións rápidas e contundentes tomadas co máximo consenso

O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández Fernández de Rojas, compareceu hoxe na Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19 para trasladar as reflexións do organismo consultivo sobre as medidas que axuden a superar a situación que estamos a vivir. Hernández salientou que cómpre establecer actuacións rápidas e contundentes e insistiu na necesidade de que as mesmas se tomen buscando o máximo consenso e acordo.

 23/10/2020  

Eixo Atlántico e CES-Galicia impulsarán un gran movemento social en defensa do corredor atlántico

Reunión CES-Eixo Atlántico

Responsables de ambas entidades celebran unha primeira toma de contacto en Santiago co fin de fomentar apoios para a priorización da infraestrutura

Coa idea de unificar criterios e unir vontades, responsables do Eixo Atlántico mantiveron unha xuntanza co presidente do Consello Económico e Social de Galicia para impulsar un gran movemento social e coordinar iniciativas conxuntas en defensa do corredor atlántico. Na reunión, a vicepresidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o secretario xeral da organización, Xoán Vázquez Mao, comentaron co presidente do organismo consultivo, Agustín Fernández, a necesidade de manter un esforzo decidido, cohesionado e unánime para garantir o futuro dunha infraestrutura de vital importancia para o territorio do noroeste peninsular.

 02/10/2020  

Xa está aberta a participación para a VII edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia

economía

Desde hoxe é ata o vindeiro 15 de novembro estará aberto o prazo para a presentación de traballos candidatos ao Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia, que cada neste ano a súa sétima edición. Convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, premio investigacións e teses doutorais sobre a realidade socioeconómica da comunidade galega.

 06/08/2020  

Presentación Estudio "AVALIACIÓN E ANÁLISE DO POTENCIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO-VÍA DA PRATA, PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE A ESCALA LOCAL"

Acto presentación informe Via da Prata

PRESENTACIÓN DO ESTUDIO “AVALIACIÓN E ANÁLISE DO POTENCIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO-VÍA DA PRATA, PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE A ESCALA LOCAL" Resultado do convenio firmado en xuño de 2019 entre o CES a DPO e a USC

 29/07/2020  

O CES aproba a súa Memoria sobre a situación económica e social 2019

Galicia 2019

O estudo do organismo consultivo non inclúe consideracións por mor dos cambios e incertidumes sobrevenidos coa Covid 19

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar, na súa sesión de onte, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2019, o informe anual que este organismo consultivo elabora sobre a realidade socioeconómica galega desde o punto de vista dos axentes da sociedade civil. Como en anteriores ocasións, o documento foi aprobado por unanimidade das organizacións que forman o CES (sindicatos, empresarios, confrarías, consumidores, universidades…).

Páxinas