Benvida do presidente
Benvidos ao sitio web do Consello Económico e Social de Galicia, unha fiestra ás actividades e traballos deste organismo consultivo aberta cara á sociedade.
O Consello Económico e Social é un órgano consultivo da Xunta de Galicia creado para facilitar a participación dos axentes socioeconómicos e dos representantes da sociedade civil organizada na vida económica, social e cultural desta terra e no proceso de toma de decisións. Xa desde a súa creación, a imaxe de organismos homólogos de entidade nacional ou europea, o CES configúrase como un foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais e os poderes políticos. Desde a súa creación, o Consello foi concebido, ademáis de cómo foro plural e cualificado, como un órgano marcado pola súa independencia.
A diversidade das organizacións representadas no Pleno, que reflicte a pluralidade da nosa sociedade, fai deste organismo un espazo de debate, de reflexión, un laboratorio de ideas que, baseadas na confrontación positiva e a busca de consenso, permitan a expresión do sentir da sociedade civil. Nun mundo que resulta cada vez máis complexo e esixente, consideramos que o diálogo, a búsqueda de acordos e o respecto á discrepancia fanse imprescindibles como elementos básicos para construir unha convivencia máis xusta e participada por todos. Quero imaxinar o Consello como un gran coro de voces diversas que soan en harmonía.
Este é un organismo consultivo, que expresa as súas opinións sobre os temas máis diversos, tanto a petición da Xunta de Galicia como por propia iniciativa, sempre atentos aos asuntos máis actuáis e aos grandes retos que ten prantexados a nosa sociedade. Logo dunha traxectoria de preto de 25 anos –que se cumpren en 2020– o CES é unha institución de prestixio consolidado como unha parte fundamental do entramado institucional de Galicia e as súas opinións, expresadas en ditames e informes e nas consideracións da Memoria socioeconómica, enriquecen o proceso de toma de decisións.
Nestas páxinas, pode vostede atopar a actividade do organismo, o seu funcionamento, os membros que compoñen o Pleno e, nomeadamente, todos os ditames e informes que ten aprobado o Consello. Creo que é un instrumento útil para ter unha referencia da evolución da nosa sociedade, das súas inquedanzas, das propostas que se fixeron desde as organizacións da sociedade civil.
No Consello Económico e Social de Galicia traballamos para imaxinar, desde unha reflexión colectiva, unha Galicia máis participativa, próspera, sostible e inclusiva. Un lugar mellor para vivir para todas as galegas e galegos, para nós e tamén para os nosos fillos.
Agardo que a súa visita lle resulte doada e fructífera.
Agustín Hernández Fernández de Rojas