inicio - Novas - Manuel Martínez Varela toma posesión como novo secretario xeral do CES-Galicia

Manuel Martínez Varela toma posesión como novo secretario xeral do CES-Galicia

 10/12/2020  

O novo secretario do Consello Económico e Social de Galicia. Manuel Martínez Varela, tomou posesión do seu cargo nun acto na sala do Pleno do CES, en presencia do presidente do organismo e acompañado polo vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e máis do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez. As entidades, organizacións e institucións que forman o CES estiveron representadas polos membros da Comisión Permanente. Todos expresaron os seus mellores desexos de acerto para o novo secretario xeral.

O nomeamento de Martínez Varela foi publicado no DOG o pasado luns, 7 de decembro.

O sinxelo acto servíu tamén de emotiva despedida para o seu antecesor no cargo, Juan José Gallego, que desempeñou o cometido durante os últimos nove anos.

Na imaxe, o novo secretario xeral do CES, Manuel Martínez Varela (a dereita), acompañado, desde a esquerda, polo presidente do CES, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, e o secretario xeral saínte, Juan José Gallego.

Foto: Xoán Crespo.

documentos relacionados: