inicio - Novas - Comisi%C3%B3n permanente ultima d%C3%BAas declaraci%C3%B3ns sobre xesti%C3%B3n do lobo e modernizaci%C3%B3n rede
 14/05/2013  

Galicia participou no encontro de CES autonómicos celebrado en Castellón

 
O Consello Económico e Social de Galicia participou no encontro anual de CES de España, que se celebrou os días 8, 9 e 10 de maio en Castellón, organizado polo organismo consultivo da Comunidade Valenciana. Na xuntanza, que reuniu a representantes dos distintos consellos autonómicos e do Consejo Económico y Social de España, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta, Corina Porro, e o secretario xeral, Juan José Gallego Fouz.
 05/04/2013  

Os ditames sobre os anteproxectos de lei de garantías de prestacións sanitarias, de caza e de creación do colexio de nutricionistas, aprobados na sesión plenaria


O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe os tres ditames nos que estaba a traballar. Por orde de entrada, o plenario do organismo consultivo aprobou por unanimidade o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de caza de Galicia (ditame 2/13); de seguido, tamén por unanimade dos membros presentes, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas (ditame 3/13); e rematou a sesión coa aprobación do ditame sobre o anteproxecto de Lei de garantías de prestación sanitarias, elaborado polo trámite de urxencia e que anexa un voto particular formulado polos representantes do Grupo I do CES.
 26/02/2013  

Renovado o convenio coa Escola Galega de Administración Pública

CES Galicia - convenio coa EGAP A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos González, e a presidenta do CES, Corina Porro Martínez, asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. Coa sinatura, exténdese a vixencia do documento ata o 31 de decembro de 2013.
 15/01/2013  

O Consello aproba o ditame sobre a modificación da Lei de horarios


O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa primeira sesión deste ano o ditame sobre o anteproxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia. 

 13/12/2012  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas de Galicia na súa sesión de onte. O texto aprobado foi froito do esforzo de consenso amosado polo membros da comisión sectorial encargada dos traballos preliminares e das organizacións representadas no organismo. No seu ditame, o Consello plantexa, entre outras consideracións, a necesidade de introducir no texto definitivo da lei maiores elementos de seguridade e medioambientais, así como cuestións relacionadas coa mobilidade.
 29/11/2012  

O CES actualiza o seu informe sobre o transporte marítimo na fachada atlántica


O Consello Económico e Social de Galicia ven de actualizar o seu informe sobre o transporte marítimo nas rexións do Arco Atlántico europeo, nunha iniciativa conxunta cos organismos consultivos agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos CES europeos da fachada atlántica. Co título Puertos y transporte portuario, o estudio é unha posta ao día do seu anterior traballo A intermodalidade no transporte de mercadorías: portos e hinterland, realizado en 2005.

O informe foi aprobado na última reunión do Comité de Orientacións da RTA, celebrada na cidade francesa de Limoges o pasado 21 de novembro e na que participaron a presidenta do CES, Corina Porro, e o secretario xeral do organismo, Juan José Gallego Fouz. Xunto a este documento, dirixido polos representantes de Galicia, en concreto polo membro do CES-Galicia pola Universidade de Vigo, Juan C. Surís, coa colaboración do Gabinete Técnico do organismo, a RTA actualizou senllos informes sobre a enerxía eólica e a seguridade marítima.

Páxinas