INFORMACION INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E PLANIFICACIÓN
INFORMACIÓN DE RELEVANCIA XURÍDICA
INFORMACIÓN ECONÓMICA, ORZAMENTARIA E ESTATÍSTICA
- Orzamento anual
- INFORMACIÓN EN MATERIA DE CONVENIOS
CONTRATACIÓN PÚBLICA
- Contratos: plataforma de contratación pública de Galicia
- Contratos:
INFORMACIÓN EN MATERIA DE PERSOAL
Canle de denuncias
- Canle de denuncias
Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias do CGRL que é a canle electrónica habilitada en aplicación artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
A comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:
Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.
Consello Económico e Social de Galicia
Algalia de Abaixo 24,
15704 Santiago de Compostela
(A Coruña)
Teléfono 981 541 650