La Xunta propone a Manuel Pérez Álvarez como presidente del Consello Económico e Social de Galicia
La Xunta de Galicia propone a Manuel Pérez Álvarez cómo nuevo presidente del Consello Económico e Social de Galicia (CES), en relevo de Agustín Hernández. Después de trasladarle esta propuesta a todas las organizaciones sindicales y empresarios y al resto de asociaciones y entidades representadas en el pleno del organismo consultivo, el nombramiento corresponde al presidente de la Xunta, tras la comparecencia del candidato en el Parlamento.
Membros do CES, traballadores e veciños do pazo de Amarante acompañan a Agustín Hernández na súa despedida

Membros das distintas organizacións do CES, traballadores do organismo e representantes dos outros consellos que comparten a sede do pazo de Amarente (Consello Consultivo de Galicia e Consello Galego de Relacións Laborais) arrouparon a Agustín Hernández nun sinxelo e emotivo acto de despedida. Rodeado das personas coas que compartiu estes catro anos, o presidente saínte do CES, que continúa o seu labor en funcións, agradeceu o traballo de todos, a boa disposición e a colaboración que sempre tivo.
Na imaxe, Agustín Hernández, no centro da primeira fila, e os membros do CES, do CCG e do CGRL, na escaleira do pazo de Amarante.
O Pleno do CES aproba un orzamento para 2024 que supera os 1.100.000 euros

Unha cantidade total de 1.105.896,04 €. Este é o orzamento aprobado polo Pleno do CES na súa sesión de hoxe para o exercicio de 2024. Como cada ano, o organismo elaborou a súa proposta de presuposto para abordar a súa actividade, desde a elaboración de ditames e informes ata a redacción da Memoria sobre a situación socioeconómica, ademáis da celebración de xornadas e outras iniciativas que permitan a eficaz participación dos axentes do Consello para cumplir as súas funcións.
Esta proposta supón un incremento do 2% respecto á aprobada para este ano. Dado que o gasto de persoal ten a mesma contía que a aprobada definitivamente pola Xunta de Galicia para o 2023, é previsible que cando se aproben os orzamentos da Xunta o incremento será superior.
De xeito xeral, os gastos do CES poden agruparse en catro grandes capítulos: gastos de persoal, gastos de bens correntes e servizos, transferencias correntes (compensacións ou asignacións económicas ás organizacións, entidades e asociacións presentes no Pleno por asistencias ás reunións dos seus órganos colexiados e investimentos reais (equipos para procesos de información).
Os vídeos do CES superan as 5.500 visualizacións

Os vídeos que recollen distintas actividades do CES ao longo dos últimos meses superan as 5.500 visualizacións no seu conxunto. Aloxados nunha sección específica, "O CES en YouTube", estes documentos audiovisuais constitúen unha forma de visibilización da actividade do Consello e permiten achegarse ás súas iniciativas a persoas e colectivos interesados desde calquera lugar.
A Comisión sectorial nº 1 avanza nos traballos do informe sobre dinámica empresarial

Os traballos para a elaboración do informe "Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada" seguen avanzando. Na súa sesión de onte, a Comisión sectorial nº 1 tivo ocasión de asistir á presentación dun primeiro borrador do documento de traballo a cargo do equipo da Universidade de Vigo encargado da súa elaboración. Coas aportacións e consideracións dos membros da Comisións entrarase na parte final do proceso de redacción.
Agustín Hernández decide non continuar como presidente do CES-Galicia

Transcorridos os catro anos na Presidencia do Consello Económico e Social de Galicia, para os que foi designado polo presidente Alberto Núñez Feijóo, Agustín Hernández Fernández de Rojas ten trasladado no día de hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a súa decisión de non continuar no cargo.
De acordo coa normativa aplicable, o presidente do Consello continuará exercendo as súas funcións ata o nomeamento do novo presidente ou presidenta.