inicio - aviso legal

aviso legal

 
  • Características do sitio web

O sitio web do Consello Económico e Social (CES Galicia) ofrece información en Internet sobre as súa estructura, actividades e funcións e facilita acceso aos Ditames, Informes e Memorias que emite, ás novas de prensa e aos comentarios e intervencións que considera de interés para os seus usuarios, investigadores e cidadáns en xeral. 

O CES tamén ofrece acceso a recursos de información e bases de datos elaboradas conxuntamente con outros Consellos así como ligazóns a páxinas web de terceiros. Cando o CES facilita ligazóns a terceiros con sitios web públicos o fai unicamente a título informativo, xa que se entende como útil o enlace. O CES elude calquera responsabilidade sobre os contidos enlazados e o uso que se lle de, sendo obriga do usuario o sometemento ás normas específicas que podería ter o sitio consultado.
 
  • Propiedade intelectual 

O CES Galicia é o titular do dominio www.ces-galicia.org.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos pertencen ao CES Galicia.

A reproducción dos contidos deste sitio web está autorizada sempre que se cite a fonte, malia que se indique o contrario. Os contidos e documentos obtidos deste sitio web sométense ás normas habituais de citación para traballos científicos e técnicos. 
 
  • Privacidade e protección de datos persoais

A política de privacidade baséase en solicitar únicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos da web aos seus usuarios.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realicen a través da web estarán suxeitos ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e ao resto da normativa de aplicación.

Os datos que se recollan dos usuarios da web (a través de caixas de correo e/ou formularios de contacto ou suxerencias e similares) trasladáranse informaticamente e arquivaranse co consentimento do cidadán, que ten dereito a decidir quén pode ter os seus datos, para qué os usa, solicitar que sexan exactos e que se empreguen para o fin co que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente. Os servizos do CES encargados de respostar a consulta do usuario atenderá a finalidade dos datos recollidos e a política de privacidade, sen divulgar os datos para outros fins.