inicio - Novas - O Consello aproba o ditame sobre a modificación da Lei de horarios

O Consello aproba o ditame sobre a modificación da Lei de horarios

15/01/2013

O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa primeira sesión deste ano o ditame sobre o anteproxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia. 

O anteproxecto de Lei ten como obxectivo fundamental adecuar a normativa galega en materia de horarios comerciais á normativa básica establecida polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo.

Para este obxectivo, modifícanse os artigos 4 e 5 do capítulo II relativo ao réxime xeral de horarios, así como o artigo 8 do Capítulo III, relativo ao réxime especial de horarios.