inicio - Novas - Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas

13/12/2012
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas de Galicia na súa sesión de onte. O texto aprobado foi froito do esforzo de consenso amosado polo membros da comisión sectorial encargada dos traballos preliminares e das organizacións representadas no organismo. Ademáis dalgunhas consideracións particulares sobre aspectos concretos do articulado do anteproxecto normativo, como as definición das clases de estradas, a necesaria coordenación co planeamento urbanísticos ou os usos autorizables na zona de dominio público, o Consello fai algunhas consideracións xerais sobre a necesidade de introducir no texto definitivo da lei maiores elementos de seguridade e medioambientais, así como cuestións relacionadas coa mobilidade.