inicio - Novas - Galicia participou no encontro de CES autonómicos celebrado en Castellón

Galicia participou no encontro de CES autonómicos celebrado en Castellón

14/05/2013

O Consello Económico e Social de Galicia participou no encontro anual de CES de España, que se celebrou os días 8, 9 e 10 de maio en Castellón, organizado polo organismo consultivo da Comunidade Valenciana. Na xuntanza, que reuniu a representantes dos distintos consellos autonómicos e do Consejo Económico y Social de España, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta, Corina Porro, e o secretario xeral, Juan José Gallego Fouz.

No encontro, que tivo lugar na sede do Comité Econòmic i Social de la Comunitat Valenciana, os máximos responsables dos CES de España compartiron experiencias e, entre outros temas, trataron das perspectivas de futuro destes organismos.

O obxectivo destas reunións anuais é coordinar as actuacións e intercambiar opinións sobre o papel que os CES están a xogar no entramado institucional como mecanismos de expresión da sociedade civil organizada e como fórmula de participación dos actores económicos e sociais nas tomas de decisións dos distintos gobernos.