inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 22/11/2022  

O CES Galicia participa na reunión preparatoria do Comité executivo da RTA

Con motivo da celebración do próximo Comité Executivo da RTA da que o CES Galicia forma parte, levouse hoxe unha reunión preparatoria do mesmo por parte dos CES de Andalucía, Castela e León, Extremadura, Galicia e país Vasco
 18/11/2022  

O CES Galicia amosa a súa preocupación polos problemas que está a xerar a aplicación da lei 8/2021 de 2 de xuño

A comisión permanente do CES Galicia, logo das inquedanzas trasladadas polos representantes de Unión de consumidores de Galicia e Fademga, sobre a problemática que está a xerar a aplicación da lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, manifesta a súa preocupación e acordou trasladar a mesma á presidencia do CES España (que ditaminou a lei no seu día) e á conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

 09/11/2022  

Comparecencia de AGACA (Asociación galega de cooperativas agroalimentarias) ante a CS1

Comparecencia de AGACA

Con motivo dos traballos que está a levar a cabo a CS1 para elaborar o ditame sobre o anteproxecto da lei de calidade alimentaria de Galicia, o representante de AGACA (Carlos Ares Fernández), acompañado da representante da economía social no CES (Mar Pernas) compareceron ante a comisión sectorial 1

 07/11/2022  

Reunión dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da RTA

Representantes dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da Rede Transnacional Atlántica (RTA) mantiveron unha reunión preparatoria do próximo comité de Orientacións a través de videoconferencia para continuar cos traballos en relación coa rede trasneuropea de transportes, así como para determinar a organización do novo grupo de traballo.
 02/11/2022  

Comparecencia do presidente do CES na comisión de Orzamentos do Parlamento sobre as contas para 2023

comisión orzamentos 23

O presidente do CES, Agustín Hernández, compareceu hoxe diante da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia dentro do proceso de tramitación das contas da Comunidade Autónoma para o vindeiro ano. Hernández salientou o incremento do orzamento do organismo para 2023, que estará en torno ao 4%, ata acadar unha cantidade que supera os 1.088.000 euros. Unha boa parte dese aumento destinarase ao apartado de elaboración de informes, que disporá de 92.000 euros, un 23% máis que na exercicio actual. O presidente aproveitou a súa comparecencia para explicar polo miúdo a actitividade do CES ao longo deste ano e apuntar algúns dos plans que está previsto desenvolver nos vindeiros meses.

Nas súas respectivas intervencións, os voceiros dos distintos grupos parlamentarios na comisión gabaron o labor do Consello e a importancia do organismo como foro de representación da sociedade civil galega.

 27/10/2022  

Unha delegación do CES visita as instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción en O Porriño

visita CTAG

Unha delegación do CES-Galicia, encabezada polo presidente do organismo, visitou as instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) na localidade pontevedresa do Porriño. O grupo tivo ocasión de coñecer de primeira man, a través das explicacións dos responsables do centro, algúns dos laboratorios punteiros e dos proxectos máis novidosos nos que están a traballar. Técnicos das distintas áreas explicaron in situ o seu traballo en campos como a enxeñería de ensaios, a seguridade activa e pasiva nos vehículos, a automatización, as novas formas de mobilidade e os servizos intelixentes ou os novos materiais. Con preto dun milleiro de traballadores altamente especializados, o CTAG é unha entidade creada para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas no sector do automóbil.

Páxinas