inicio - Novas - Reunión dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da RTA

Reunión dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da RTA

 07/11/2022  
Representantes dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da Rede Transnacional Atlántica (RTA) mantiveron unha reunión preparatoria do próximo comité de Orientacións a través de videoconferencia para continuar cos traballos en relación coa rede trasneuropea de transportes, así como para determinar a organización do novo grupo de traballo. Os socios da RTA veñen de elaborar un documento con aportacións dos axentes socioeconómicos sobre os cambios que analiza a Comisión Europea para a revisión do regulamento da Red Transeuropea de Transportes (RTE-T Efficient and Green Mobility).