inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 22/07/2022  

Os vídeos da canle de YouTube, preto das 5.000 visualizacións

YouTube

Os distintos eventos organizados polo CES nos últimos meses e dispoñibles na canle do organismo consultivo en YouTube están a piques de acadar as 5.000 visualizacións. O vídeo máis descargado segue a ser a conferencia sobre a tarifa eléctrica, con case 1.400 usuarios interesados, pero tamén xornadas como as adicadas á dixitalización ou á economía social xeraron o interese de centos de usuarios. A canle seguirá incorporando contido novo a medida que se organicen novas xornadas, presentacións ou eventos.

 06/07/2022  

Os CES españois reivindican o seu papel como instrumentos de diálogo para colaborar na salida da crise

CES y diálogo

Conscientes dos retos que afrontan as sociedades actuais para unha saída da crise que non deixe atrás a ninguén, os Consellos Económicos e Sociais (CES) de España reivindican o seu papel como instrumentos de diálogo e concertación social. A través dunha declaración pública asinada polos presidentes destes organismos consultivos tras un encontro celebrado en Santiago de Compostela, os CES salientan a importancia de potenciar o diálogo e a negociación para impulsar as medidas que permitan superar as dificultades actuais e poñen en valor o seu papel como instrumentos “útiles e imprescindibles” nese proceso pola presencia na súa composición dos diferentes axentes sociais e económicos representantes da sociedade civil.

 30/06/2022  

Arrinca unha análise comparada do tecido empresarial galego e a dinámica empresarial en colaboración coa Universidade de Vigo

informe tecido empresarial

O CES ven de acadar un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para a elaboración dun informe que, baixo o título “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada”, tentará presentar un marco de reflexión consensuado acerca da realidade industrial de Galicia. O estudo será coordinado polo profesor do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da UVigo Patricio Sánchez Fernández.

 29/06/2022  

Conferencia sobre os centros especiais de emprego

conferencia torrelles

Os membros da Comisión Permanente do CES asistiron a unha conferencia sobre os centros especiais de emprego (CEE) impartida na sede do organismo polo profesor da USC Juan Torrelles Manent, recente ganador da última edición do premio Valentín Paz Andrade pola súa tese de doutoramento ‘Análisis de la eficiencia de los centros especiales de empleo en Galicia: visión económico-financiera y social’. O autor explicou polo miudo o contido do seu traballo, as características destes centros, os indicadores de eficiencia que elixiron para a súa avaliación, os problemas de falta de datos que atoparon e apuntou posibles novas liñas de investigación.

 20/06/2022  

Comparecencia para explicar a situación do IEO e outros centros de investigación marítima en Galicia

comparecencia IEO

Un ecosistema integrado que goza de moi boa saúde. Así describieron o sistema de centros de investigación oceanográfica e mariña en xeral de Galicia, nunha comparecencia no CES, os responsables do Instituto Español de Oceanografía, do Centro de Investigacións Mariñas e da Dirección xeral de Pesca.

 08/06/2022  

Acordo coa USC para analizar os impactos da covid na economía galega

estudio covid

O CES e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) veñen de asinar un contrato de colaboración para elaborar un informe sobre “Os impactos da covid-19 na economía galega”. O obxectivo do informe, que será dirixido polo investigador Juan Ares Fernández, é ofrecer unha análise rigorosa dos principais impactos que a crise da covid está tendo sobre a economía galega e o seu tecido produtivo, así como das consecuencias sociais dos mesmos.

Páxinas