inicio - Novas - Comparecencia do presidente do CES na comisión de Orzamentos do Parlamento sobre as contas para 2023

Comparecencia do presidente do CES na comisión de Orzamentos do Parlamento sobre as contas para 2023

 02/11/2022  

O presidente do CES, Agustín Hernández, compareceu hoxe diante da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia dentro do proceso de tramitación das contas da Comunidade Autónoma para o vindeiro ano. Hernández salientou o incremento do orzamento do organismo para 2023, que estará en torno ao 4%, ata acadar unha cantidade que supera os 1.088.000 euros. Unha boa parte dese aumento destinarase ao apartado de elaboración de informes, que disporá de 92.000 euros, un 23% máis que na exercicio actual. O presidente aproveitou a súa comparecencia para explicar polo miúdo a actitividade do CES ao longo deste ano e apuntar algúns dos plans que está previsto desenvolver nos vindeiros meses.

Nas súas respectivas intervencións, os voceiros dos distintos grupos parlamentarios na comisión gabaron o labor do Consello e a importancia do organismo como foro de representación da sociedade civil galega.