inicio - Novas - Presidente comparece na comisi%C3%B3n parlamentar orzamentos explicar proxectos e contas previstas
 26/11/2013  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de accesibilidade

CES Galicia - Ditame 6/13 lei accesibilidade
O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión do pasado 15 de novembro, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de accesibilidade. O ditame foi tramitado polo trámite de urxencia e recolle diversas consideracións consensuadas polos membros. 
 06/11/2013  

A presidenta presenta o orzamento para 2014 en comisión parlamentaria

Uns presupostos de continuidade.

Corina Porro defendeu un orzamento moi similar ao deste ano, malia unha rebaixa do 1,23%, e lembrou que será necesario mellorar a dotación económica para o funcionamento do Consello en vindeiros exercicios, cando a situación sexa máis favorable.
 22/10/2013  

O Consello Económico e Social de Galicia presenta un informe sobre Vigo e a súa área de influencia

CES Galicia - Informe sobre Vigo e a súa area de influencia-presentación Corina Porro expuxo algunhas das propostas do organismo para o territorio

Vigo e a súa área de influencia son os protagonistas do último informe aprobado polo Consello Económico e Social de Galicia. O documento foi presentado pola presidenta do organismo consultivo, Corina Porro, nun acto informativo que se celebrou hoxe mércores, 23 de outubro, ás 11:00 horas, no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
Unha detallada análise de datos estatísticos da realidade socioeconómica dos concellos que forman a área, vertebrada arredor da ría como elemento dinamizador e de identidade, complétase cun estudio máis cualitativo, valorativo, con opinións cualificadas de distintos axentes socioeconómicos. O estudio estratéxico, coa súa análise de debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades, conclúe cunha serie de directrices e, sobre todo, de propostas de futuro para este territorio.

 11/07/2013  

O CES-Galicia aproba unha declaración institucional de apoio ao sector naval

CES Galicia - declaración de apoio ao sector naval

O Consello Económico e Social de Galicia (CES), reunido en sesión plenaria na súa sede de Santiago de Compostela, o día 11 de xullo de 2013, adopta, por unanimidade, a seguinte declaración:

Ante o que constitúe un clamor por parte de todos o sectores da sociedade galega o CES de Galicia quere manifestar o seu apoio ao sector naval galego nuns momentos críticos no que está en xogo a supervivencia do propio sector.

A devolución das axudas do tax lease nos estritos termos nos que ven sendo anunciada pola Comisión Europea, ademais de inxusta, resulta incoherente coas políticas económicas e sociais que ven proclamando a Unión Europea.

Dado que o naval é un sector estratéxico, cun importante peso no PIB galego e que comporta miles de empregos e industria auxiliar, o dito reintegro suporía un drama para a economía galega e, conseguintemente, para moitas familias que se verían abocadas a unha situación de desamparo e pobreza.

Dende o CES de Galicia reclámase á Comisión Europea que pondere todas as circunstancia concorrentes que están en xogo, no momento de adoptar a súa decisión.

 26/06/2013  

O Consello celebra un seminario sobre o Plan de Acción da Estratexia Atlántica europea

Seminario RTA
Ultimará a contribución da RTA ao ditame do CES europeo

Representantes dos consellos económicos e sociais agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA) e da Comisión Europea participarán no seminario sobre o Plan de Acción da Estratexia Atlántica, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro venres, 28 de xuño. O encontro servirá tamén para definir a contribución da RTA ao ditame que prepara o CES europeo sobre a dita estratexia.

Ademáis da visión da Comisión Europea sobre as accións prioritarias, a súa implementación e a gobernanza das propostas estratéxicas plantexadas, os asistentes poderán coñecer de primeira man, a través das experiencias da rexión do mar Báltico e da rexión do Danubio, a implicación dos axentes económicos e sociais nas estratexias macrorrexionais da UE xa existentes. Tamén se presentará o informe do grupo de traballo da RTA sobre a participación da organización na estratexia.

Programa do Seminario

Páxinas