inicio - Novas - O CES-Galicia aproba unha declaración institucional de apoio ao sector naval

O CES-Galicia aproba unha declaración institucional de apoio ao sector naval

11/07/2013

O Consello Económico e Social de Galicia (CES), reunido en sesión plenaria na súa sede de Santiago de Compostela, o día 11 de xullo de 2013, adopta, por unanimidade, a seguinte declaración:

Ante o que constitúe un clamor por parte de todos o sectores da sociedade galega o CES de Galicia quere manifestar o seu apoio ao sector naval galego nuns momentos críticos no que está en xogo a supervivencia do propio sector.

A devolución das axudas do tax lease nos estritos termos nos que ven sendo anunciada pola Comisión Europea, ademais de inxusta, resulta incoherente coas políticas económicas e sociais que ven proclamando a Unión Europea.

Dado que o naval é un sector estratéxico, cun importante peso no PIB galego e que comporta miles de empregos e industria auxiliar, o dito reintegro suporía un drama para a economía galega e, conseguintemente, para moitas familias que se verían abocadas a unha situación de desamparo e pobreza.

Dende o CES de Galicia reclámase á Comisión Europea que pondere todas as circunstancia concorrentes que están en xogo, no momento de adoptar a súa decisión.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
Microsoft Office document icon Nota de prensa261 KB