inicio - Novas - O Consello celebra un seminario sobre o Plan de Acción da Estratexia Atlántica europea

O Consello celebra un seminario sobre o Plan de Acción da Estratexia Atlántica europea

 26/06/2013  

Representantes dos consellos económicos e sociais agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA) e da Comisión Europea participarán no seminario sobre o Plan de Acción da Estratexia Atlántica, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro venres, 28 de xuño. O encontro servirá tamén para definir a contribución da RTA ao ditame que prepara o CES europeo sobre a dita estratexia.

Ademáis da visión da Comisión Europea sobre as accións prioritarias, a súa implementación e a gobernanza das propostas estratéxicas plantexadas, os asistentes poderán coñecer de primeira man, a través das experiencias da rexión do mar Báltico e da rexión do Danubio, a implicación dos axentes económicos e sociais nas estratexias macrorrexionais da UE xa existentes. Tamén se presentará o informe do grupo de traballo da RTA sobre a participación da organización na estratexia.

A apertura do seminario, prevista para as 9:30 horas, correrá a cargo a presidenta do CES de Galicia, Corina Porro, e do presidente da RTA e do CES vasco, Juan María Otaegui, e contará coa presencia do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Rematado o seminario, para esa tarde está convocada unha sesión do Comité de Orientacións da RTA, que decidirá distintos aspectos sobre su organización, futuro e admisión de novos socios.

Programa do Seminario
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
Microsoft Office document icon Programa do Seminario219 KB