inicio - Novas - A presidenta presenta o orzamento para 2014 en comisión parlamentaria

A presidenta presenta o orzamento para 2014 en comisión parlamentaria

 06/11/2013  

Uns presupostos de continuidade. Deste xeito definiu a presidenta do CES as contas do organismo para o vindeiro exercicio, que presentou onte no Parlamento de Galicia.
 
Corina Porro defendeu un orzamento moi similar ao deste ano, malia unha rebaixa do 1,23%, e lembrou que será necesario mellorar a dotación económica para o funcionamento do Consello en vindeiros exercicios, cando a situación sexa máis favorable.
 
A presidente salientou o esforzo de todas as organizacións representadas no CES para adaptarse a eses presupostos e gabou o papel do organismo como foro de diálogo e de participación social.