O DIRECTOR XERAL DO IGE COMPARECE ANTE A CS1 PARA EXPLICAR O ANTEPROXECTO DA LEI DE ESTATÍSTISCA DE GALICIA
O director xeral do IGE, Jose Antonio Campo Andión, compareceu ante a Comisión Sectorial 1 que está a levar a cabo os traballos de elaboración do ditame do anteproxecto da lei de estatística de Galicia, para explicar o por qué deste texto e as novidades que nel se introducen con respecto á lei anterior.
ENTREGA DO PREMIO VALENTÍN PAZ ANDRADE DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA SOCIOECONÓMICA
José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia correspondente a 2023, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES).O Presidente do CES Galicia intervén para explicar o funcionamento do organismo.
Este xoves o presidente do CES Galicia, Manuel Pérez Álvarez explicou en esRadio o funcionamento do CES Galicia, a utilidade do mesmo, así como o traballo que se fai no organismo polas diversas organizacións que están representadas neste foro de debate e órgano consultivo en materia económico-social.O xurado resolve o premio Valentín Paz Andrade de investigación
José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos este martes 19 co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Consello Económico e Social (CES) e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu la luz na Revista Galega de Economía.O Consello presenta o seu informe sobre a dinámica empresarial de Galicia
Exceso de burocracia, dificultades de acceso ao financiamento ou baixa cualificación do persoal. Estas son algunhas das eivas que atopan as empresas galegas para medrar e gañar competitividade, segundo se recolle no informe "Tecido empresarial galego e dinâmica empresarial. Análise comparada", aprobado polo Pleno do CES o pasado 4 de decembro e que se presentou onte en Vigo. Elaborado a través dun convenio de colaboracíón coa Universidade de Vigo, o informe recolle máis dunha trintena de propostas concretas para eliminar ou aminorar as dificultades que atopan as empresas para gañar dimensión e posición no mercado.
Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de lei de promoción dos beneficios dos recursos naturais
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »