inicio - Novas - O xurado resolve o premio Valentín Paz Andrade de investigación

O xurado resolve o premio Valentín Paz Andrade de investigación

 22/12/2023  

José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos este martes 19 co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Consello Económico e Social (CES) e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu la luz na Revista Galega de Economía.

O xurado, presidido polo reitor da USC Antonio López Díaz, motivou as súas decisións, tomadas por unanimidade, “na calidade científica dos traballos, na actualidade e relevancia da temática que abordan e na contribución dos resultados á mellor toma de decisións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia”. O traballo de Amoedo e Sánchez-Carreira resultou distinguido na modalidade dirixida a traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, mentres que a categoría centrada en premiar teses de doutoramento ficou deserta.

Ademais de Antonio López, integraron o xurado que se reuniu este martes 19 no Salón Reitoral do Colexio San Xerome, Maria Dolores Riveiro García do IDEGA, Manuel Pérez, presidente do CES; Manuel Martínez, secretario do CES; Fernando González Laxe da UDC e Xosé Henrique Vázquez Vicente da UVigo.