inicio - Novas - O Presidente do CES Galicia intervén para explicar o funcionamento do organismo.

O Presidente do CES Galicia intervén para explicar o funcionamento do organismo.

 11/01/2024  

Este xoves o presidente do CES Galicia, Manuel Pérez Álvarez explicou en esRadio o funcionamento do CES Galicia, a utilidade do mesmo, así como o traballo que se fai no organismo polas diversas organizacións que están representadas neste foro de debate e órgano consultivo en materia económico-social.

Resaltou que o CES Galicia non debe convertirse nun órgano laudatorio do Goberno e que é un cauce para transmitir ao goberno a realidade social.

Pode consultarse a entrevista no seguinte enlace:

https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2024-01-10/entrevista-a-manuel-perez-7085738.html.