O ritmo da dixitalización e as súas consecuencias sobre a calidade democrática, emprego e empresas

O Consello Económico e So- cial de Galicia presentará en 2021 un estudo sobre un dos factores de inno- vación que máis afectará ás nosas vi- das ao longo da próxima década: o ritmo da dixitalización en distintos ámbitos e as súas consecuencias so- bre a calidade democrática, a com- petitividade das empresas, o empre- go, as relacións laborais, etcétera. Como en tantas outras iniciativas do CES, as perspectivas sobre esta temática son moi diversas entre os
colectivos que o forman.
O documento final que poñerá negro sobre branco qué diagnoses e pro- postas comparten, terá un grande valor, polo tanto, na medida en que logre aliñar intereses e xerar unha visión consensuada por sindicatos, empresarios, consumidores, univer- sidades e outros colectivos involucra- dos no CES. Os retos para levar adi- ante este acordo, naturalmente, non son poucos.
A dixitalización está aquí para que- darse, pero o ritmo pode ser máis ou menos intenso, e o alcance pode ser máis ou menos ambicioso.
Hai quen percibe na dixitalización un factor de competitividade esen- cial para as nosas empresas, men- tres que hai tamén quen o percibe como un perigo para a xeración de emprego. Hai quen o interpreta como un pilar na expansión da liberdade, o coñecemento e a comunicación, mentres que outros enfatizan a súa vertente adictiva, aislacionista e mes- mo polarizante no ámbito político. Para uns a dixitalización permitirá abordar moitos problemas da hu- manidade na sociedade actual (aten- ción médica ou educación na casa, urbanismo e deseño de fluxos nas ci- dades, cambio climático…), mentres que para outros acabará xerándose un mundo distópico caracterizado pola homoxeneización de hábitos e comportamentos con tendencia a uniformizar as distintas culturas. Probablemente antes da primeira revolución industrial non sucedía o mesmo, pero dende entón todas as xeracións se sentiron protagonistas
dalgún cambio revolucionario que afectaba á súa maneira de producir e consumir, á súa maneira de vivir. Particularmente a partir da invención en 1947 do transistor, ese dispositivo electrónico a partir do cal se iniciou a era das tecnoloxías da comunicación e a información, o cambio tecnolóxi- co foi máis intenso e rápido que nun- ca, provocando crecentes doses de incerteza na vida dos cidadáns que en moitos casos se transforma en vértigo sobre o futuro.
O certo é que a vida dun cidadán en Galicia en 1947 se parecía moito á dos seus antepasados nos séculos XVII ou XVIII; sen embargo, só unhas décadas despois, a súa vida apenas mantiña ningunha similitude coa dalguén de nós no ano 2000, cando xa escribía- mos emails, navegábamos por inter- net e falababamos por teléfono movil. A transformación dixital vai provo- car un cambio do mesmo calibre nas nosas vidas en moito menos tempo.
RUMBO Á SOCIEDADE 5.0
A sociedade 5.0 de 2030 depende das nosas decisións hoxe. Debemos as- pirar a unha sociedade centrada no ser humano que, mediante a fusión do ciberespazo e o espazo físico, logre equilibrar o avance económico coa resolución dos problemas que arras- tramos dende hai tempo.
En román paladino, non se trata só de ter unha máquina de aire acondicio- nado na casa que, alén da simple tem- peratura ambiental, modelice mel- lor os parámetros que deben influír na súa decisión de quentar ou enfri- ar (superficie das estancias, dispos- ición dos mobles, número de persoas presentes, propiedades aillantes da construción…). Nin sequera se trata de que esa máquina poida aprender autonomamente para incluír novos parámetros que quizais non foran in- cluídos polo fabricante.
Trátase de estender a sensorización e a análise de datos a todos os ámbi- tos da convivencia, como a xestión da enerxía, a organización dos tráficos, a organización dos servizos públicos… e sobre todo, por riba de todo, trátase de integrar todos eses sistemas nun
Transformación digital.
único ciberespazo capaz de equili- brar os intereses individuais e colec- tivos (por exemplo, confort familiar na casa coa temperatura vs. emisións á atmósfera).
NOVOS MODELOS DE NEGOCIO
As mudanzas van ser significativas, e a nosa apertura cognitiva ao cambio tecnolóxico vai condicionar a nosa capacidade de adaptación.
Nas nosas empresas terán que mudar os modelos de negocio e as propias estratexias sindicais. Os gobernos terán que deseñar os mecanismos que garantan unha distribución dos incrementos de produtividade que evite desigualdades intolerables.
E a sociedade poñerá a proba os seus valores: hoxe xa existen camas in- telixentes e exoesqueletos nas resi- dencias de anciáns xaponesas, pero tamén existen androides parlantes liderando xogos nesas residencias e mascotas robóticas entretendo aos
anciáns. Os modelos de convivencia van mudar, e convén pensar sobre eles canto antes. Non existe ningún determinismo tecnolóxico.
Vexo persoalmente moi inxenuas as perspectivas que tan só son capac- es de maravillarse ante as posibili- dades da dixitalización sen pensar nos pozos de incerteza que se abren. Tamén me resulta evidente que o negocio do populismo actual, que se estende perigosamente nos países desenvolvidos, consiste fundamen- talmente en difundir o medo na so- ciedade.
Deberíamos de fuxir de ambos ex- tremos. Se o equilibrio e a pruden- cia son importantes en calquera ámbito da vida, o debate sobre a dixitalización que se abre no CES -precisamente porque se sustenta explicitamente nesas diferentes per- spectivas- ofrecerá unha luz diáfana sobre as diagnoses e as propostas que poderíamos compartir.

Data: Array

Resumo: Tribuna de opinión a cargo de XOSÉ H. VÁZQUEZ CATEDRÁTICO DE ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS -ECOBAS UNIVERSIDADE DE VIGO