O Pleno do Consello Económico e Social aprobou na súa sesión de hoxe, por unanimidade, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2025. Con preto dun cento de consideracións, propostas e recomendacións para a mellora da nosa realidade socioeconómica emitidas de xeito consensuado, o documento do CES consolídase como unha ferramenta indispensable para o coñecemento de Galicia e as inquedanzas da súa sociedade civil organizada.

Os membros do Pleno, logo da sesión, nos xardíns do Pazo de Amarante.