O presidente do CES participa nos cursos de verán da UIMP en Santander

O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, participou este 2 de xullo no encontro “Ganar el reto demográfico. La situación socioeconómica y laboral en España”, con ocasión da presentación da Memoria sobre la situación socioeconómica y laboral de España elaborada por el Consejo Económico y Social, que tivo lugar no Palacio de la Magdalena de Santander, no marco dos cursos de verán da UIMP. En concreto, Pérez fixo parte da mesa redonda titulada “Despoboación: dinámicas territoriais”, que analizou este fenómeno e as súas consecuencias nas distintas rexións. 

Como se sinalou no encontro, os cambios demográficos –especialmente envellecemento, diminución da natalidade e migracións– están a ter un impacto directo na economía, o emprego e a sostibilidade do estado do benestar. Neste esceario, considérase necesaria unha reformulación e adaptación das políticas públicas orientadas a mellorar a productividade, favorecer o emprego de calidade para máis cidadáns e reforzar a cohesión social nos nosos territorios.

Os participantes tiveron ocasión de realizar unha reflexión conxunta sobre os principais retos e oportunidades que prantexa o cambio demográfico que estamos a vivir, así como apuntar algunhas das respostas necesarias para afrontalos.