Data e hora: Array
Asunto: Notificación convocatoria da sesión 3/21 do Pleno
Convócolle á sesión 3/21 do Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro xoves, 27 de maio, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación cun enlace para participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Aprobación da proposta de modificación do Regulamento de réxime interno do CES.
- Aprobación da proposta de “Informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia”.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021
O PRESIDENTE
Asdo.: Agustín Hernández Fernández de Rojas