O CES entrega ao Parlamento a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2025

O presidente do Consello Económico e Social de Galicia (CES), Manuel Pérez Álvarez, entregou  hoxe ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2025, aprobada a principios deste mes polo Pleno do Consello.

Esta memoria, elaborada anualmente segundo o previsto nas competencias do propio CES, estrutúrase en cinco capítulos principais, encargados de abordar diferentes cuestións relacionadas coa economía galega como son o panorama económico, o mercado de traballo e as relacións laborais, o dinamismo do tecido produtivo, a calidade de vida e benestar social e os recursos e capacidades para o desenvolvemento.

O documento ven precedido dunha serie de consideracións previas sobre cada apartado. Así mesmo, cada sección conta con diferentes subseccións, encargadas de cuestión específicas como a evolución demográfica, os custos e salarios, a cobertura social ou os indicadores de I+D+i.

O documento xa está dispoñible para a cidadanía interesada na páxina web do Consello, www.ces-galicia.org