Comeza o traballo de elaboración do ditame sobre o Plan director do sector da loxística industrial

Como ven sendo norma nos últimos meses, unha comparecencia de responsables da Xunta de Galicia foi o primeiro paso no proceso de elaboración dun novo ditame sobre un anteproxecto de plan sectorial sometido á consideración do CES. Nesta ocasión, a Comisión sectorial nº 1 foi o marco para a presentación do anteproxecto de Plan director do sector da loxística industrial. A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao Rodríguez, e a xefa do Servizo de Promoción Industrial, Belén Yañez, fixeron unha exposición detallada do Plan, á súa filosofía e as directrices o obxectivos que o animan. Agora, ábrese un período para que os distintos grupos representados na Comisión presenten as súas aportacións para redactar o ditame solicitado.