inicio - Novas - Os vídeos da canle de YouTube, preto das 5.000 visualizacións

Os vídeos da canle de YouTube, preto das 5.000 visualizacións

 22/07/2022  

Os distintos eventos organizados polo CES nos últimos meses e dispoñibles na canle do organismo consultivo en YouTube están a piques de acadar as 5.000 visualizacións. O vídeo máis descargado segue a ser a conferencia sobre a tarifa eléctrica, con case 1.400 usuarios interesados, pero tamén xornadas como as adicadas á dixitalización ou á economía social xeraron o interese de centos de usuarios. A canle seguirá incorporando contido novo a medida que se organicen novas xornadas, presentacións ou eventos.