O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, salientou que “a estratexia macrorrexional atlántica pode convertirse nun instrumento clave para superar a fragmentación territorial e histórica da fachada atlántica europea e construir un espazo conectado, competitivo, sostible e cohesionado, quen de responder conxuntamente aos grandes retos económicos, demográficos e xeopolíticos do futuro”. Esta reflexión foi unha das principais ideas da súa intervención na Asamblea Xeral do grupo Atlantic Cities que, como plataforma de cooperación das cidades atlánticas, tivo lugar en Bilbao os días 2 e 3 de xuño.
O presidente, que acudía na súa condición de presidente da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de CES, insistiu en que “mediante unha cooperación estruturada e permanente será posible convertir os intereses comúns do arco atlántico en políticas europeas concretas”.
Lembrando que esa estratexia macrorrexional permitiría alinear prioridades, crear mecanismos estables de gobernanza multinivel, generar economías de escala e favorecer proyectos tractores compartidos, Pérez quixo tamén facer fincapé na necesidade de incorporar a xestión das migracións como unha política estrutural deste espazo.