Aprobado o ditame sobre o plan da loxística industrial

O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa sesión de hoxe o ditame sobre o anteproxecto do
Plan director do sector da loxística industrial 2026-2028. A opinión do organismo consultivo incorpora preto de medio cento de consideracións sobre o contido do documento que poderían mellorar a súa implementación.

Na mesma sesión plenaria aprobouse tamén o informe titulado Fluxos migratorios relacionados coas necesidades laborais en Galicia.