inicio - Novas - Xa est�� aberta participaci��n vii edici��n do premio valent��n paz andrade investigaci��n en
 14/10/2021  

O presidente do CES-Galicia, na tribuna de invitados do Parlamento no debate do Estado da Autonomía

presidente en Parlamento

O presidente do CES, Agustín Hernández, asistíu en representación do organismo ao debate do Estado da Autonomía, que comezou hoxe no Parlamento de Galicia. Hernández foi un dos invitados que ocuparon a tribuna do Pazo do Horreo, nunha xornada que se converteu, tamén, nunha homenaxe en lembranza do recentemente falecido conselleiro Valeriano Martínez.

Na imaxe, o presidente escoita o debate.

 07/10/2021  

O CES expresa as súas condolencias polo pasamento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez

Os membros do Consello Económico e Social de Galicia expresan as súas condolencias polo pasamento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, falecido onte en Santiago. O CES amosa o seu pesar e envía o seu pésame á súa familia e achegados, cos que comparte a dor pola pérdida. QEPD.

 01/10/2021  

O CES organiza unha xornada sobre o situación actual e o futuro da economía social en Galicia

economía social

No encontro, que se celebrará en Santiago o vindeiro 18 de outubro, empresas, entidades, asociacións, administración e axentes sociais compartirán as súas experiencias sobre este modelo económico

Máis dunha ducia de expertos, representantes empresariais, membros de entidades e asociacións, responsables políticos e axentes sociais participarán o vinderio 18 de otubro na xornada sobre economía social que está a organizar o Consello Económico e Social de Galicia. O organismo consultivo vai reunir na Cidade da Cultara en Santiago de Compostela a algúns dos máis salientables coñecedores deste modelo económico diferente, que aúna a eficiencia empresarial cos valores de solidariedade, responsabilidade e cohesión social, que é quen de xerar riqueza pero tamén de corrixir desigualdades e desequilibrios sociais.

 30/09/2021  

O CES participa na reunión do comité consultivo de expertos externos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC

Comite Consultivo USC

O Consello Económico e Social de Galicia, representado polo seu presidente, Agustín Hernández, foi un dos participantes na reunión do comité consultivo de expertos externos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, que se xuntou hoxe. No encontro participaron responsables de entidades e organizacións, axentes sociais e representantes do eido dos recursos humáns de empresas para dar a coñecer as súas opinións sobre o enfoque para un eventual rediseño das competencias transversais (tanto académicas como psicoprofesionais) que pode ofertar a Universidade ante as novas demandas das empresas. Entre os participantes dos axentes sociais, estiveron presentes tamén, a través da vía telemática, representantes de entidades que fan parte do CES, como a CIG, UGT, CCOO, a CEG ou a economía social.

 30/09/2021  

A Comisión Permanente celebra a súa primeira sesión presencial trala pandemia

Por primeira vez desde o comezo da pandemia, a Comisión Permanente do CES celebrou hoxe unha sesión presencial. Para cumprir con todos os protocolos de seguridade covid, a reunión tivo lugar na sala do Pleno. Os membros amosaron a súa confianza en que este sexa o primeiro paso para recuperar a normalidade.

 28/09/2021  

A Rede Transnacional Atlántica presenta o seu informe sobre a rede transeuropea de transportes

Mérida 2021

A Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais presentou hoxe en Mérida, no marco dunha xuntanza do seu órgano de goberno, o informe “Cara a unha revisión da TEN- T para o espazo atlántico”, un documento que recolle as propostas e prioridades xerais desta organización para as futuras orientacións da Rede Transeuropea de Transportes (TEN- T). O documento traslada a posición dos CES españois e franceses do Arco Atlántico sobre a revisión do futuro sistema de transporte continental e busca posicionar á sociedade civil en relación coa necesidade de potenciar esas infraestruturas.

Páxinas