06/03/2023
A Comisión sectorial nº 1 ultima senllos informes sobre o sector energético e o impacto da Covid en Galicia
A Comisión sectorial nº 1 do CES está a ultimar os dous traballos de investigación nos que ven traballlando nas últimas datas: un informe sobre “O sector enerxético en Galicia: presente e futuro”, elaborado en colaboración coa UDC e outro informe titulado “Os impactos da Covid na economía galega”, feito en colaboración coa USC. Estes documentos serán elevados ao Pleno do Consello para a súa aprobación nas vindeiras semanas.
03/03/2023
O comité de seguimento rexional do plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 (PEPAC) aproba a proposta de ditame
O comité de seguimento rexional do plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 (PEPAC), do que forma parte o CES Galicia aprobou a proposta de ditame en relación cos criterios de selección para determinadas intervencións agroambientais.
23/02/2023
Constitúese o Comité Territorial do POCTEP 2021-2027
O CES Galicia, participa na constitución do Comité Territorial del Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal (AC1) do Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, como membro consultivo do mesmo.
20/02/2023
Reunión dos CES atlánticos españois para coñecer o proxecto Atlantic cities
O presidente do CES Galicia, xunto cos presidentes dos CES de Andalucía, Castela e León, Extremadura e País Vasco, reuníronse en Madrid cos representantes de Atlantic cities co obxecto de poñer en común os traballos realizados na defensa do marco atlántico e buscar fórmulas para colaborar na defensa do arco atlántico e as súas posibilidades.
20/02/2023
O Comité rexional de seguimento do PEPAC 2023-2027 elixe o seu representante no Comité de seguimento do PEPAC de España
O Comité rexional de seguimento do PEPAC 2023-2027 elixe o seu representante no Comité de seguimento do PEPAC de España
16/01/2023
Nova reunión do Comité Rexional de Seguimento do PEPAC 2023-2027
O Comité Rexional de Seguimento do PEPAC 2023-2027, do que forma parte o CES Galicia, volveuse a reunir coa finalidade de levar a cabo a aprobación do seu regulamento interno, así como para a aprobación dos criterios de selección de operacións aplicables nas intervencións agroambientais, na intervención 6872: investimentos non produtivos en servizoPáxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »