Galicia participa na reunión anual dos CES españois que se celebra en Valencia

O encontro, co CES da Comunidade Valenciana como anfitrión, reúne a presidentes e secretarios xerais para analizar retos económicos, sociais e de emerxencias

Valencia foi este ano o esceario do Encuentro Anual de los Consejos Económicos y Sociales (CES) Autonómicos y del Consejo Económico y Social de España, que se celebrou os días 21 y 22 de maio. Nesta cita institucional, organizada nesta ocasión polo Comité Econòmic i Social de la Comunitat Valenciana (CES CV), reuniu a representantes destes organismos consultivos de todo o país para abordar asuntos de actualidade relacionados coas súas competencias.

Durante as xornadas, presidentes e secretarios xerais dos CES autonómicos e de España tiveron ocasión de compartir experiencias e analizar cuestións vencelladas ao diálogo social, á cooperación institucional e as respostas da sociedade civil diante dos desafíos económicos e sociales.

Logo do acto institucional de inauguración no Palacio de Fuentehermosa da Generalitat Valenciana, a primeira sesión de traballo, titulada “Respuestas ante situaciones de emergencia”, congregou a responsables e técnicos locais xunto a representantes de distintos consellos económicos e sociais.

As reunións de traballo e recepcións en diferentes institucións completáronse con visitas dos membros das delegacións a algún dos espazos máis representativos da cidade anfitriona, como o Centro de Arte Hortensia Herrero, a Real Parroquia de los Santos Juanes e a Ciudad de las Artes y las Ciencias.

Para os participantes, estas jornadas representan unha oportunidad de reforzar a cooperación entre os distintos Consejos Económicos y Sociales de España e para compartir experiencias que permitan mellorar a resposta das institucións ante os retos actuais. Os CES puxeron en valor o seu papel como foros de diálogo, participación e consenso entre axentes económicos e sociais, especialmente nun contexto como o actual, marcado por importantes desafíos territoriais e sociais.