Xornada de análise sobre o informe de alimentos sostibles e xestión do territorio

O CES celebrou hoxe unha xornada de análise en torno ao informe “Alimentos sostibles e xestión do territorio”, recentemente aprobado polo Pleno do organismo. Nunha sesión que contou coa participación dos autores do documento, de representantes da Axencia galega de Calidade Alimentaria (Agacal) e dos axentes económicos e sociais, os asistentes fixeron un percorrido polos distintos aspectos que analiza o documento, con especial fincapé nas estratexias de desenvolvemento da xestión territorial co obxectivo de garantir a independencia alimentaria e a sostibilidade de alimentación garantida para toda a poboación.

Na imaxe, un momento da xornada, celebrada no salón do Pleno do Consello.