Calidade, rendibilidade, tradición, cooperación e apoio institucional, claves para o futuro do sector vitivinícola

Xornada sobre o viño organizada polo CES-Galicia en Sober

Representantes institucionais e socioecnómicos foron os protagonistas da xornada “O fututo do sector do viño en Galicia” que, organizada polo Consello Económico e Social, celebrouse hoxe na localidade de Sober, na Ribeira Sacra. O encontro abordou os principais retos do sector vitivinícola, dende a remuda xeracional ata a imprescindible rendibilidade das explotacións ou a aposta pola calidade, con figuras como as denominacións de orixe ou as indicacións xeográficas proxetidas como elementos diferenciadores, pasando pola demanda da máxima colaboración das institucións autonómicas, provincias e locais.

Axentes económicos e sociais, representantes tanto das adegas como dos sindicatos agrarios, insistiron na importancia dos selos de calidade difenciada como ferramenta para protexer as produccións vencelladas ao territorio, á paisaxe e as variedade tradicionais.

Desde a Administración, fíxose un repaso ás distintas liñas de apoio para o sector, entre outras as destinadas a reestructuración de viñedos ou a comercialización de productos e a súa promoción en mercados exteriores, que se suman ás orientadas específicamente á conservación da paisaxe, de especial relevancia en entornos singulares como a Ribeira Sacra.

A xornada sinalou, entre os retos que está a enfrontar o sector do viño, a evolución dos hábitos de consumo, as implicacións do cambio climático, ou as dificultades para o relevo xeracional nas explotacións que pasa, insistiron os participantes, pola necesidade de garantir a rendibilidade das mesmas.