Data e hora: Array
Asunto: Notificación convocatoria sesión 5/21 da Comisión Permanente
Convócolle á sesión 5/21 da Comisión Permanente do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro luns, 19 de abril, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Continuación coa revisión da proposta de modificación do Regulamento do Consello.
- Aprobación contías para a remuneración a persoal externo do CES por desenvolvemento con carácter non permanente nin habitual de relatorios nos cursos, conferencias, congresos, xornadas, seminarios e actividades análogas.
- Fixación de criterios para a contratación de traballos externos para o CES.
- Informe da Presidencia.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021
O PRESIDENTE
Agustín Hernández Fernández de Rojas