Comisión Sectorial III: sesión 1/21

Data e hora: Array

Asunto: Notificación convocatoria sesión 1/21 da Comisión sectorial nº 3

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 3, “Desenvolvemento rexional”, notifícaselle a convocatoria da sesión 1/21 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro luns, 26 de abril, ás 10:30 hora, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Postura do CES, como membro do Comité de Seguimento, respecto á proposta de reprogramación do PO FEDER Galicia 2014-2020.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela