Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 6/21 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 1 “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 6/21 da citada comisión feita pola Presidenta da mesma, para o vindeiro venres, 9 de abril, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación das actas das sesións anteriores.
- Continuación coa valoración e consideracións do “Informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia”.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela