08/05/2024  

Alumnos de Relacións Laborais visitan no Pazo de Amarante as sedes do CGRL e do CES

Visita relaciones laborales

Un grupo de alumnos da Facultade de Relacións Laborais da USC visitou hoxe a sede do CGRL e mais do CES, no compostelán Pazo de Amarante. Os estudantes tiveron ocasión de coñecer de primeira man, a través das explicacións dos máximos responsables de ambos organismos, o funcionamiento e as actividades destes consellos e o seu papel no entramado institucional de Galicia.

Na imaxe, os alumnos, o seu profesor, a presidenta do CGRL e o presidente do CES, na sala de Plenos deste último organismo.

 26/04/2024  

Galicia participa no "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que se celebra en Barcelona

grupo encuentro Barcelona

O Consello Económico e Social de Galicia participa, coa presencia do seu presidente, Manuel Pérez, e o secretario xeral, Manuel Martinez, nas xornadas do "Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España" que este ano teñen lugar en Barcelona os días 25 e 26 de abril.

Organizado polo Consell de Treball, Econòmic i Social de Catalunya, o encontro é unha ocasión para que estes organismos consultivos compartan experiencias e coordinen iniciativas para poñer en valor o seu labor como institucións para a participación dos axentes económicos e sociais e da sociedade civil organizada na toma de decisións.

 25/04/2024  

Visita do CES á factoría de Stellantis en Vigo

stellantis

Un grupo de membros e traballadores do Consello Económico e Social, encabezados polo presidente do organismo, Manuel Pérez, visitou onte a factoria do grupo Stellantis na cidade de Vigo. Responsables da marca explicaron brevemente a historia das instalacións e a realidade do grupo como un dos actores principais no mercado mundial da automoción antes de comezar unha visita guiada para coñecer in situ todo o proceso, altamente automatizado, que leva desde as bobinas de aceiro ata o vehículo rematado. Os visitantes agradeceron a invitación e valoraron moi positivamente a experiencia.

 12/04/2024  

O CES de España presenta en Vigo o seu informe sobre pesca, acuicultura e industria transformadora

museo mar pesca

O documento La Pesca, la Acuicultura y la Industria Transformadora en España. Retos para su sostenibilidad foi presentado no Museo do Mar de Galicia

Cunha nutrida presencia de representantes do sector do mar, o Consejo Económico y Social de España (CES) presentou no auditorio do Museo do Mar de Galicia, na cidade de Vigo, o seu informe La Pesca, la Acuicultura y la Industria Transformadora en España. Retos para su sostenibilidad. O acto foi inaugurado polo presidente do Consejo, Antón Costas; o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez; e a secretaria general de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, María Isabel Artime. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Antonio Basanta, foi o encargado de pechar o encontro.

 10/04/2024  

Gabanza da experiencia e o voluntariado

secot 30

O presidente do CES participa no 30º aniversario da asociación de voluntarios senior SECOT Galicia

A experiencia como valor e a solidariedade coa sociedade como modo de vida. Os voluntarios senior agrupados na asociación Secot (Seniors Españoles para la Cooperación Técnica) celebraron o seu trigésimo aniversario en Galicia nun acto en Pontevedra, na sede do Confederación de Empresarios, no que quixeron poñer en valor o seu compromiso social co emprendemento e a importancia do envellecemento activo como forma de vida. Entre os invitados, o presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, quen gabou a traxectoria da organización, os seus fins solidarios e salientou as vantaxes do contacto interxeracional que aportan as súas iniciativas.

 05/04/2024  

Reunión dos CES españois preparatoria do próximo Comité de Orientacións da RTA

reunión RTA

Os CES españois membros da RTA, entre os que se atopa o CES Galicia, mantivieron unha reunión para achegar posturas para a próxima reunión do Comité de Orientación da organización, que se celebrará en maio na localidade francesa de Rennes.

Nun encontro celebrado onte, acordaron propor como próximo tema de traballo da RTA a Macrorrexión Atlántica, así como ver formas de colaborar para traballar en dous ámbitos que hoxe en día adquiren especial relevancia, o despoboamento e os movimientos de inmigración/emigración.

Páxinas