inicio - Novas - O CES de España presenta en Vigo o seu informe sobre pesca, acuicultura e industria transformadora

O CES de España presenta en Vigo o seu informe sobre pesca, acuicultura e industria transformadora

 12/04/2024  

O documento La Pesca, la Acuicultura y la Industria Transformadora en España. Retos para su sostenibilidad foi presentado no Museo do Mar de Galicia

Cunha nutrida presencia de representantes do sector do mar, o Consejo Económico y Social de España (CES) presentou no auditorio do Museo do Mar de Galicia, na cidade de Vigo, o seu informe La Pesca, la Acuicultura y la Industria Transformadora en España. Retos para su sostenibilidad. O acto foi inaugurado polo presidente do Consejo, Antón Costas; o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez; e a secretaria general de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, María Isabel Artime. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Antonio Basanta, foi o encargado de pechar o encontro.

No documento, o CES considera que o sistema pesqueiro alimentario ten unha importancia estratéxica no abastecimiento de alimentos saudables á poboación e para o equilibrio da balanza alimentaria. Así o salientou o consejero do CES de España e presidente da comisión de traballo encargada da elaboración do informe, José Basilio Otero, representante das confrarías no organismo consultivo. Indicou tamén que o sector desempeña un papel fundamental para o benestar socioeconómico das comunidades costeiras, o desenvolvemento local, o emprego, o mantemento e a creación de actividades económicas anteriores e posteriores na cadea de suministro, e mesmo na conservación das tradicións culturais locais.

Nas súas consideracións finais, o informe recoñece que a Política Pesquera Común europea respondeu á necesidade de revertir a perda de biodiversidade mariña e o seu impacto ambiental, social e económico no sector pesqueiro da Unión, os territorios costeiros e insulares e as rexións ultraperiféricas, impulsando a restauración, a preservación, a conservación e o uso sostible dos recursos.

Logo da presentación do informe, o acto rematou cunha mesa de debate que contou coa participación de profesionais do sector pesqueiro relacionados coa pesca extractiva, a acuicultura e a industria transformadora.

O documento pode consultarse na web do CES de España ou a través da seguinte ligazón: Informe 3/2023: La Pesca, la Acuicultura y la Industria Transformadora en España. Retos para su sostenibilidad https://www.ces.es/documents/10180/5232164/Inf0323.pdf

Na imaxe, Costas, flanqueado por Artime e Pérez.