inicio - Novas - Gabanza da experiencia e o voluntariado

Gabanza da experiencia e o voluntariado

 10/04/2024  

O presidente do CES participa no 30º aniversario da asociación de voluntarios senior SECOT Galicia

A experiencia como valor e a solidariedade coa sociedade como modo de vida. Os voluntarios senior agrupados na asociación Secot (Seniors Españoles para la Cooperación Técnica) celebraron o seu trigésimo aniversario en Galicia nun acto en Pontevedra, na sede do Confederación de Empresarios, no que quixeron poñer en valor o seu compromiso social co emprendemento e a importancia do envellecemento activo como forma de vida. Entre os invitados, o presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, quen gabou a traxectoria da organización, os seus fins solidarios e salientou as vantaxes do contacto interxeracional que aportan as súas iniciativas.

Facendo gala do seu lema de “voluntariado senior de asesoramento empresarial”, a rama local da asociación reafirmou o compromiso dos directivos e exdirectivos asociados para axudar a quen empeza, aos novos emprendedores, teñan a idade que teñan. Lembraron que ofrecen os seus servizos sen ánimo de lucro e que poñen o talento e a súa experiencia ao servizo de toda a sociedade, con espíritu de colaboración, co fin último do fomentar o espíritu empresarial.

Na imaxe, o presidente do CES e o conferenciante Iñaki Ortega nun momento do acto.