inicio - Novas - Consello aproba ditame sobre modificaci%C3%B3n lei horarios
 13/12/2022  

O presidente do CES Galicia participa no observatorio de ED Galicia

O presidente do CES Galicia, D. Agustín Hernández, participou, en representación da entidade, nos observatorios da economía dixital, en concreto no relativo a Galicia e a crise.
 13/12/2022  

O CES Galicia colaborará no proxecto Nós para que a lingua galega non quede excluida nos novos desenvolvementos dixitais.

O proxecto Nós é un proxecto conxunto entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigacións en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) -e que contará coa colaboración do resto de Universidades galegas a partir do ano que ven
 08/12/2022  

O Pleno do CES Galicia na súa sesión de 7/12/2022 ven de aprobar o ditame sobre o anteproxecto da lei de calidade alimentaria de Galicia.

O texto do anteproxecto foi remitido ao CES en data 28 de setembro, e acto seguido á presidencia e aos membros da Comisión Sectorial número 1, Economía, emprego e sectores produtivos, competente por razón da materia, para a posterior elaboración do correspondente ditame, co fin de iniciar os traballos de estudo sobre a devandita proposta. Así mesmo, tal como establece o Regulamento de Réxime Interno do CES, deuse conta á Comisión Permanente da entrada de solicitude de ditame.
 08/12/2022  

Reuníon do comité de orientacións da RTA en Bilbao

O CES Galicia ven de participar (a través do seu presidente e secretario xeral) na reunión do comité de orientacións da RTA celebrado en Bilbao entre os días 1 e 2 de decembro.
 30/11/2022  

Constitúese o comité de seguimento rexional do plan estratéxico da Política Agrícola común 2023-2027 (PEPAC).

Comité de seguimento rexional do plan estratéxico da política Agrícola común Hoxe constituíse o comité de seguimento rexional do plan estratéxico da política Agrícola común 2023-2027 (PEPAC) do que o CES Galicia formará parte como membro representativo do ámbito económico-social.
 28/11/2022  

O CES Galicia participa na reunión do comité de seguimento do P.O. FEDER GALICIA 2014-2020

Comité de seguimento do P.O. FEDER GALICIA 2014-2020 O día 25 de novembro levouse a cabo, no salón de plenos do CES Galicia a reunión do comité de seguimento do P.O. FEDER GALICIA 2014-2020 do que o CES Galicia forma parte. Na reunión expuxéronse os avances na execución do programa operativo e as perspectivas de peche do mesmo, así como, entre outras, unha análise das inversións territoriais integradas.

Páxinas