inicio - Novas - Consello aproba ditame sobre modificaci%C3%B3n lei horarios
 04/05/2023  

O CES Galicia presenta a Memoria de Actividades do 2022

actividades 2022

Un incremento orzamentario de preto do 4% permitiu ao CES de Galicia reforzar a súa actividade no exercicio 2022, que se recolle na Memoria de actividades do organismo. Ademáis da Memoria socioeconómica, o Consello puxo en marcha a elaboración de catro informes e aprobou catro ditames sobre anteproxectos de lei solicitados pola Xunta. A maiores, o Pleno respaldou a publicación de nove manifestos e comparecencias sobre distintas cuestíóns de actualidade. Neste ano fíxose máis intensa a actividade institucional, con 25 actuacións en distintos organismos e a presenza institucional do Consello en máis de 50 actos. Pola súa banda, os órganos colexiados do CES celebraron 52 reunións para a aprobación dos distintos traballos.

 28/04/2023  

O CES aproba un informe sobre os impactos da covid-19 na economía galega

economía e covid

As consecuencias da pandemia de covid-19 nos distintos aspectos da economía galega, desde os grandes números de actividade ao mercado de traballo, do aumento da desigualdade ás medidas paliativas postas en marcha para reducir os maiores impactos negativos, protagonizan o último informe do Consello Económico e Social. Na súa reunión de hoxe, o Pleno do CES aprobou por unanimidade o estudo “Informe sobre os impactos da covid-19 na economía galega”, elaborado en colaboración coa Universidada de Santiago de Compostela.

 28/03/2023  

O CES Galicia participa no comité de seguimento do FEDER 2021-2027

comité seguimento FEDER

O Consello Económico e Social de Galicia, representado polo seu secretario xeral, Manuel Martínez, participou este martes na primeira reunión do Comité de Seguimento do Programa de Galicia FEDER 2021-2027, que se celebrou en Santiago de Compostela, Entre outros asuntos, na sesión aprobouse o Regulamento interno do Comité e deuse conta dos avances na posta en marcha dos sistemas de xestión 2021-2027.

 15/03/2023  

O CES aproba un informe sobre o sector enerxético galego e o seu futuro

enerxía

O organismo prepara una xornada para presentar un documento que podería servir de base para unha ampla reflexión sobre a cuestión enerxética

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe, sen ningún voto en contra, un informe sobre “O sector enerxético galego: presente e futuro”. Nun momento de incertidume sobre o futuro, cun cambio de paradigma a nivel mundial (descarbonificación, transición enerxética, electrificación, protagonismo das fontes renovables…), o CES elaborou este documento co convencemento de que a cuestión enerxética merece fondas reflexións no contexto actual e de que cómpre tomar decisións meditadas en base á información dispoñible, con coherencia de conxunto para o futuro dos galegos e galegas.

 10/03/2023  

A novena edición do premio Paz Andrade galardoa unha investigación sobre fiscalidade da enerxía eólica u unha tese que analiza a vulnerabilidade socioeconómica

premiados IX Paz Andrade

A fiscalidade da enerxía eólica e a análise socieoeconómica da vulnerabilidade de Galicia son o contido dos traballos gañadores da novena edición do Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que se entregaron no Colexio de San Xerome da USC. Nunha sinxela ceremonia presidida polo reitor, Antonio López, fíxose entrega dos seus galardóns ás profesoras da USC Rosa Mª Regueiro Ferreira e María Cadaval Sampedro, gañadoras na modalidade 1 (artigos de investigación) así como a Bruno Blanco Varela, ganador na modalidade 2 pola súa tese de doutoramento. O acto contou coa presenza da presidente do Consello Económico e Social de Galicia (CES), Agustín Hernández, e a directora do IDEGA, María Dolores Riveiro García.

 06/03/2023  

A Comisión sectorial nº 1 ultima senllos informes sobre o sector energético e o impacto da Covid en Galicia

reunións CS-1

A Comisión sectorial nº 1 do CES está a ultimar os dous traballos de investigación nos que ven traballlando nas últimas datas: un informe sobre “O sector enerxético en Galicia: presente e futuro”, elaborado en colaboración coa UDC e outro informe titulado “Os impactos da Covid na economía galega”, feito en colaboración coa USC. Estes documentos serán elevados ao Pleno do Consello para a súa aprobación nas vindeiras semanas.

Páxinas