inicio - Novas - Ces galicia presenta seu informe sobre grado exposici%C3%B3n econom%C3%ADa galicia ante brexit
 22/07/2014  

O CES presenta a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013

CES Galicia - Memoria 2013
O Consello Económico e Social presentou a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013, aprobada polo Pleno na súa sesión do pasado 15 de xullo. A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa a cargo da presidenta do organismo consultivo na súa sede compostelana. Corina Porro explicou como, logo dun interesante esforzo de consenso por parte dos membros do Pleno, o documento volveu ser aprobado, como é habitual, por unanimidade.

Na súa intervención, a presidente explicou a estrutura da Memoria e salientou algunhas das súas consideracións máis destacadas e insistiu no valor engadido de seren consensuadas polas distintas organizacións, entidades e asociaciacións presentes no Pleno do organismo. Estas consideracións resumen, dun xeito claro, cal foi a realidade de Galicia no ano pasado e, tamén, cómo ven os actores económicos e sociais esa realidade.

A presentación contou tamén coa presencia da presidenta por turno da Comisión Sectorial que redactou o traballo, Marta Amate, quen salientou tamén o esforzo de todos os membros da mesma por achegar posturas e consensuar ás súas consideracións.

O texto completo da Memoria pode consultarse aquí.
 01/07/2014  

Galicia participa no encontro anual dos CES autonómicos 2014, celebrado en Sevilla

CES Galicia  - Encontro CES autonómicos 2014
Sevilla foi o escenario do encontro anual dos Consellos Económicos e Sociais autonómicos 2014 no que, un ano máis, estivo presente o CES de Galicia. Con estas reunións anuais, estes organismos consultivos intercambian experiencias, coordinan actuacións e buscar aproveitar as sinerxías para acadar unha maior efectividade nas súas funcións. Nesta ocasión, o CES de Andalucía foi o encargado de organizar o encontro.
 
Nas reunións, que se celebraron os días 26 e 27 de xuño na Casa de la Provincia, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta e máis o secretario xeral. O encontro foi inaugurado polo presidente do CES de Andalucía, Ángel Gallego, e o presidente da Deputación de Sevilla, Fernando Rodríguez.
 22/05/2014  

Os axentes socioeconómicos presentan as súas propostas para loitar contra o desemprego xuvenil

CES Galicia - Xornada sobre desemprego xuvenil - IDEGA
Representantes dos axentes económicos e sociais membros do CES presentaron as súas propostas para combatir o desemprego xuvenil, un dos graves problemas que ten Galicia, na mesa redonda coa que rematou a xornada Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega, organizada por este organismo consultivo en colaboración co Instituto de estudos e desenvolvemento de Galicia (Idega).

Intervencións:

 16/05/2014  

O CES-Galicia participa en Bruselas nunha conferencia sobre o papel da sociedade civil na execución da Estratexia Atlántica Europea

CES Galicia - Reunión en Bruselas RTA
Reunión en el Comité Económico y Social Europeo con organismos homólogos integrados en la Red Transnacional Atlántica (RTA)

Atopar os mecanismos axeitados para acadar a máxima implicación e participación efectiva dos actores da sociedade civil no desenvolvemento da Estratexia Atlántica europea. Este é o ambicioso reto que se plantexan os consellos económicos e sociais agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), na que participa o Consello Económico e Social de Galicia. Con este obxectivo, representantes da RTA participaron en Bruselas nunha conferencia co Comité Económico e Social Europeo (CESE) para avaliar o papel da sociedade civil na estratexia da UE para a rexión atlántica.
 29/04/2014  

Xornada de análise sobre o desemprego na xuventude galega

CES Galicia - Xornada de análise sobre o desemprego na xuventude galega
Colaboración entre o CES e o IDEGA

A complicada situación laboral da xuventude galega será o tema dunha xornada de estudio, análise e reflexión que celebrará o Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 14 de maio. Organizada en colaboración co Insituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, a xornada leva por título “Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega” e contará coa participación de expertos da institución universitaria, centros de estudos e con representantes das organizacións membros do CES.
 06/03/2014  

O CES comenza a actualización dos seus informes territoriais

O CES comezou o proceso de actualización dos informes territoriais que ven desenvolvendo este organismo consultivo desde a súa creación. Logo de ter estudiado toda a xeografía galega a través de dez informes ao longo destes anos, o último traballo sobre a área de Vigo, recentemente presentado, marcou o final dun ciclo e o inicio dunha segunda fase nunha doble vertiente: o seguemento das actuacións propostas nese estudio e a actualización de traballos anteriores. A Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento territorial, xa escomezou coas reunións preliminares para a redacción dun novo informe.

Páxinas